19

Nov

Presentación de “Luz e dignidade”

19.30 h

 

PRAZAS ESGOTADAS!

Luz e dignidadeO xoves 19 de novembro, ás 19.30, preséntase no noso local o libro Luz e dignidade. O monumento de Pepe Galán aos Mortos do Portiño, A Coruña.

Trátase dunha publicación que conxuga arte e historia, nunha edición promovida pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMHaC)

Unha inmersión sinxela a un monumento e a memoria histórica, mediante imaxes e textos onde o escultor Pepe Galán desvela, entre outras, as chaves simbólicas e artísticas da obra, ademais da palabra de Fernando Souto (presidente da CRMHaC), a investigación da fuxida do Portiño de Eliseo Fernández, a análise poética de Xavier Seoane e o estudo teórico-científico de John Thompson. O encaixe do libro correspóndelle ao deseñador Pepe Barro.

Fotos da publicación: Pablo Anllo e Amador Iravedra.

Presentarán a publicación Pepe Barro, Pepe Galán, Xavier Seoane e Fernando Souto.

As persoas asistentes serán agasalladas cun exemplar da publicación.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies