O xoves 30 de marzo, ás 19.30 h, presentamos no noso local Metropolice. Seguridad y Policía en la ciudad neoliberal, editado por Traficantes de Sueños.
Nunha etapa na que, segundos diversos actores, A Coruña semella asediada pola criminalidade, dos Mallos a Juan Florez, pasando por Vío, é un bo momento para falar dun tema do que nunca se fala no campo político, nin en Galiza nin no estado: o policiamento. O libro Metropolice suxire algunhas das preguntas que nos deberíamos facer á hora de discutir sobre a relación entre policiamento, orde social e modelos de democracia avanzada”. Falarán, dous dos seus autores, José Ángel Brandariz e Cristina Fernàndez Bessa. Ambos profesorxs de Criminoloxía e Dereito penal da UDC.
Presentará o acto Rocío Fraga.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: