12

Mai

Presentación de “Mociñas”

19.30 h

MociñasO mércores 12 de maio, ás 19.30, presentamos Mociñas, de Louise May Alcott, traducida por Rocío Viéitez Ferro. Participarán, ademais da tradutora, Prudencio Viveiro Mogo, por Edicións Laiovento.

Louise M. Alcott escribiu Mociñas, un clásico da literatura universal, no s. XIX, cun espírito revolucionario, activista e formativo, que trata das dificultades que tiñan, e teñen, as mulleres por medrar nunha cultura que premiaba o seu aspecto por enirba da súa esencia. A autora defendeu os dereitos da muller, a abolición da escravitude e reformas no sistema educativo para escolarización das nenas.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies