24

Out

Presentación de “O benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto”

19.30 h

O Benshi de GaliciaO martes 24 de outubro, ás 19.30 h, Manolo González presenta o seu libro O benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto.

Hai cen anos xa existía o cinema galego. O benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto, publicado pola Editorial Alvarellos, ofrécenos unha viaxe no tempo até o bienio 1922-1924, co relato da aventura extraordinaria dun crego-poeta, bohemio, sedutor e sibarita, un verdadeiro influencer e celebrity da época. O escritor e amigo de gran parte da intelectualidade galega, púxose detrás dunha cámara para se converter nun inaudito director de cinema.

Co-fundou en Vigo a empresa Celta Film que producirá en 1923 ”Un viaje a través de Galicia y Asturias” e “Maruxa”, a primeira longametraxe de ficción con rótulos en galego a cargo de Manuel Lugrís. Co documental sobre Galicia xirará por América de outubro a decembro de 1923. Posuído dunha extraordinaria oratoria, actuará como explicador, narrando ao público emigrante os contidos do filme, á maneira dos benshis xaponeses. A peripecia vital de Antonio Rey Soto podería ser a trama dunha apaixonante película onde participa boa parte da intelectualidade galega de comezos do século XX.

Manolo González foi fundador e director da Escola de Imaxe e son de Coruña e da Axencia Audiovisual Galega na Consellaría de Cultura e Deporte. No 2023 recibiu o premio de ensaio e investigación “Losada Diéguez” pola biografía de José Gil “Nos días encantados de agosto”.

No acto estarán presentes, acompañando al autor, a deputada de Cultura, Natividade González (Deputacion de Coruña) e Henrique Alvarellos (director de Alvarellos Editora).

Se queres asistir a esta presentación envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies