15

Dec

Presentación de “O mar dos papeis”

19.00 h

O mar dos papeisO venres 15 de decembro, ás 19 horas, Federico A. Rioboo presentará no noso local o seu libro O mar dos papeis.

A obra cuestiona quen é máis home, o que queda a cuidar da familia o quen marcha loitar por un país que non está en guerra? Pais e país, aí está a cuestión, nun til.

O actor coruñés, José Losada, é o mecenas desta obra. Despois de gañar unha axuda para a creación artística do Concello da Coruña decidiu contar comigo para escribir un texto sobre a súa adolescencia. A súa proposta inicial versaba sobre os encontros furtivos, cruissing, na Coruña dos anos noventa no parque dos Cantóns. Escoitei o que Xosé me contaba, graveino, tomei notas e deste contarse encontrei que os relatos da súa familia resoaban con máis forza.

Cada vez que quedabamos para traballar en El sitio ese (tenda de ilustración) outra historia tomaba forma, polo menos para min. A historia da súa nai arxentina, do seu pai en Alto Mar, da portaría, do seu irmán militar, e do concepto de virilidade da súa xeración. A obra propón as súas propias preguntas, por exemplo: quen é máis home, o que queda a coidar da familia ou quen marcha loitar por un país que non está en guerra? Pais e país, aí está a cuestión, nun til. Para escribir, tomei licencias e imaxinei o que quixen, esaxerei bastante e incluso me documentei con mariñeiros.

As obras teatrais sempre derivan en temáticas, aínda que o inicio este non debe ser o obxectivo. Deben iniciar coa relación entre os personaxes, e esta relación sempre se deriva da que temos cos nosos pais e a súa visión do mundo.

Estará acompañado polo editor Paco Macías de Edicións Positivas.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies