14

Dec

Presentación de “Pousos de natureza”

20.00 h

Pousos de naturezaO mércores 14 de decembro, ás 20.00 h, Ricardo Seixo presenta a súa obra Pousos de natureza.

Pousos de natureza, que acaba de publicarse en edición de autor, con deseño e ilustracións de Abraham Vila, é o sexto libro de poemas de Ricardo Seixo, quen, ademais de poeta, docente, compositor e intérprete musical, formou parte nos anos 70 do século pasado do mítico grupo musical Verbas Xeitosas.

Que ollas no teu horizonte –preguntáronlle ao poeta.

Unha paisaxe natural na que depredar é unha rutina esquizofrénica e a poesía un espazo para nos salvar de nós mesmos– dixo.

É con esta partitura que nace esta sinfonía de versos: a poesía como instrumento para reivindicármonos como seres capaces de racionalizar o noso camiñar polo Planeta na procura de crear un espazo de equilibrio e convivencia no que, colectivamente, sexamos quen de partillar a deusa FELICIDADE.

Educar desde este posicionamento, desde o respecto pola natureza e polos seres vivos, desde o concepto dun progreso pensado desde o colectivo, xerará sinerxias capaces de mudar o modelo aniquilador que padecemos para nos por no camiño da utopía que arelamos.

Só resulta imposíbel o que non se enfronta. Poñamos proa ao horizonte da luz e que cada quen, co nos remo, non deixemos de cogar. 

Só de sermos quen de escoitar a natureza poderemos valorar a vida na súa dimensión de eternidade.

Ricardo Seixo Fernández (A Coruña – Curtis, 1950) ten publicado Ollares… no fondo da retina… na paisaxe dos afectos (2016), Versos noctámbulos (2018), Na república da intimidade (2019), Sinais (2021) e Coa luz negada (2021 – Asociación Veciñal Agra). 

O acto contará coa actuación musical do grupo Maraxe e o recitado do colectivo “Gosto de vivir a poesía”.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies