20

Set

Presentación de “Universidade galega sempre pública”

19.30 h

Universidade galega sempre públicaO luns 20 de setembro, ás 19.30 horas, Xosé Luís Armesto presentará o seu libro  Universidade galega sempre pública, unha reflexión sobre a universidade galega nos nosos días, tomando como partida os anos nos que exerceu de Reitor da Universidade da Coruña. “Estou convencido da importancia de por en valor o ensino público en xeral e o sistema universitario galego en particular, así como a importancia de identificar os perigos e desafíos que ten que afrontar en cada momento e como é posíbel que se agraven como resultado desta pandemia.”

Xosé Luís Armesto é catedrático de Química-Física na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña. Foi director do Colexio Universitario da Coruña , decano da Facultade de Ciencias e de 2012 a 2016 foi reitor da Universidade da Coruña.

Para asistir cómpre inscribirse enviando o seguinte formulario:

    Uso de cookies

    Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies