15

Abr

Presentación de “XelArias. Palabra á intemperie”

19.30 h

XelArias. Palabra á intemperieO xoves 15 ás 19:30 h presentarase no noso local o libro XelArias. Palabra á intemperie de Emma Pedreira e Laura Romero, editada por Baía Edicións. Unha biografía ilustrada da poeta que toma como referencia os seus versos.

XelArias. Palabra á intemperie é unha biografía en verso nacida da colaboración entre a escritora Emma Pedreira e a ilustradora Laura Romero, que toma como referencia os versos da poeta para construír o seu periplo vital, utilizando, como punto de partida, as súas propias linguaxes. Verso e ilustración coexisten na obra que ambas autoras conciben como unha conversa: poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies