O luns 17 de xuño ás 19.30 h terá lugar a presentación do documental Emma Pedreira: o des-en-freo no noso local (Rúa Olmos nº16-18, 1º). Trátase dun proxecto realizado entre Daniel Chapela, Beatriz Pereira Expósito e Sara Piñeiro e que conta co patrocinio de Orballo e Ticket2Europe. No mesmo participan Eli Rios, Beatriz Maceda Abeleira, Antía Marante, David Cortizo Conde, Andrea Jamardo Seijo, Quico Valeiras, María Lado, Lucía Novas Garrido, Míriam Ferradáns e Susana Sánchez Arins.
Contaremos co director do documental e coa poeta Emma Pedreira.