25

Mai

Ti contas: presentación do proxecto “O Diario Galego”

20.00 h

O diario galegoO venres día 25 de maio, ás 20 h, preséntase na Coruña, na Fundación Luís Seoane, o proxecto para a saída de O Diario Galego en 2019.

Nestes momentos Galiza non conta con ningún diario na nosa lingua e para facelo posíbel son necesarias un mínimo de 3 mil subscricións. A empresa editora é Sermos Galiza, que hai seis anos lanzou o diario dixital e mais o semanario en papel, o único que hai nos quiosques en lingua galega. E para acometer esta empresa ti contas, necesitamos moitas maus para facelo realidade.

O DIARIO GALEGO defenderá os intereses galegos e estará escrito na lingua propia de Galiza. Será un medio de comunicación nacional, profesional e colaborativo que proporcionará información xeral.

Contaremos nesta presentación con María Xosé Bravo, presidenta da AC Alexandre Bóveda, Antón Reixa, músico e cineasta e Xoán Costa, presidente de Sermos Galiza.

Máis información en O diario galego.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies