O mércores 16 de maio, ás 20 horas, no noso local, presentarase o o volume da Obra dramática completa de Luísa Villalta, subtitulada Sinfonía de escenas.
Editado por Edicións Proscritas en colaboración con ACAB recolle as cinco pezas escritas por Luísa Villalta: Concerto para un home só publicado en 1989 nos Cadernos da Escola Dramática Galega dirixidos por Francisco Pillado, a quen vai dedicada a obra. O representante, publicada en 1990, O paseo das esfinxes, do ano 1991, ambas editadas asemade polos Cadernos da Escola Dramática Galega, en 1991, Os doces anos da guerra, obra publicada pola Revista Galega de Teatro no ano 2001, e finalmente, As certezas de Ofelia, publicada na Revista de Teatro editada por CasaHamlet en 1999.
No xornal La Opinión Lino Braxe fala desta obra.
O acto de presentación serve de prólogo da estrea no Teatro Colón, da peza O paseo das esfinxes de Luísa Villalta, espectáculo producido pola Deputación de A Coruña e Manarte Producciones, e que será levado á escena pola compañía Teatro Proscrito baixo a adaptación e dirección de Lino Braxe.
Neste acto de presentación participará o propio dramaturgo e director Lino Braxe, a actriz Manuela Varela e xunto a eles estarán María Xosé Bravo, presidenta da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Pilar García Negro, amiga e estudosa da obra de Luísa Villalta e Alexandrina Fernández Otero, responsable da edición, prólogo e notas da OBRA DRAMATICA COMPLETA de Luísa Villalta.