24

Mai

Presentación do poemario “Kamikazes”

19.30 h

KamikazesO mércores 24 de maio, ás 19.30 h, presentamos no noso local o poemario Kamikazes de Lino García Salgado.

Kamikazes pretende render homenaxe a todas esas facetas apartadas da luz, mostrar un dinamismo oculto para facernos sentir útiles.

Lino García Salgado (23 de abril de 1967, Baltar, A Pastoriza, Lugo) publica no ano 2010 o seu primeiro libro Espertar, edición mixta de poemas e fotografías (imaxes feitas por Helena Robledo) a través da editorial de Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos.

No ano 2011 participa nunha exposición multi-disciplinar do colectivo argazo que, baixo o título Ela en plural, se mostrou ao público coruñés no NH Hotel. Esta exposición foi actualizada e mostrouse no Museo Provincial de Lugo (outubro de 2012) e no mes de Marzo de 2013 trasladouse a mesma á Casa Museo Casares Quiroga da cidade de A Coruña.

No ano 2013 ve luz o segundo libro de poemas titulado Meliflua Moradía publicado por Q de Vian cadernos da Porta Verde do Sétimo Andar.

Acompañará ao autor a guitarra de Brais G. Cortón.

Se queres asistir, envía os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies