25

Out

Presentación audiovisual sobre Domingos Merino

20.00 h

Domingos MerinoLois Alcayde Dans, Paula Durán e Paula Quiroga, estudantes de Xornalismo na USC  son os artífices do  documental Outra Coruña Posible: Domingos Merino.

Merino chega á alcaldía da Coruña nun momento de cambio absoluto, co remate da ditadura. E a súa chegada supón unha revolución, comezando pola forma en que a cidadanía se relaciona co Concello.

A peza vai máis alá do relato sobre a xestión do primeiro alcalde da Coruña trala restauración da democracia e busca interrogarse sobre a Coruña que Merino defendeu e impulsou e a Coruña que puido ser, que permaneceu soterrada e de cando en cando emerxe.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies