06

Feb

Presentación do libro DX, de Eli Ríos

19.30 h

DX de Eli RíosO mércores 6 de febreiro, ás 19.30 h, presentarase no noso local (Rúa Olmos, 16-1º) o libro DX de Eli Ríos.

“Desde o accidente propóñome que cada frase que diga teña o valor que lle quero dar, e se pode ser algo positivo pois mellor que mellor. Nunca sabes cal vai ser a derradeira frase da túa vida…”

“Miro ao meu redor e conseguín todo o que quería: un bo traballo, unha casa fantástica…, e, aínda así, hai días nos que sinto que o meu mundo é unha prisión sen cadeas”.

“A vida é como un poema constante no que cada verso ten vida por si mesmo e que se xuntan para crear realidades novas”.

Nesta presentación, van acompañar á autora Beatriz Maceda e David Cortizo.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies