01

Xul

Presentación da edición crítica de «En las orillas del Sar»

20.00 h

En las orillas del SarO luns 1 de xullo ás 20 h no noso local, presentarase a edición crítica de Anxo Angueira da obra de Rosalía de Castro de En las orillas del Sar.
En las orillas del Sar, de Rosalía de Castro e Anxo Angueira, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais. Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na «Weltliteratur». Contrariamente á visión da obra como unha dimisión, demóstrase aquí o seu intenso carácter nacional galego, tanto no histórico-político, como no cultural ou literario. O Sar da Terra de Iria e de Compostela-Conxo é o río da vida da autora e mailo río da súa literatura.
Agora que se apaga e que remata, Rosalía edifica unha extraordinaria arquitectura lírica e formal para o acabamento, para as súas voces e os seus límites, para as súas dúbidas e abismos. «En las orillas del Sar» é final e cume dunha escritora extraordinaria.
Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. “Bretaña, Esmeraldina” e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento).
Esta edición crítica de «En las orillas del Sar» ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.
No acto intervirán: Anxo Angueira, responsábel da edición e presidente da Fundación Rosalía de Castro; Xosé Luís Axeitos e María Pilar García Negro, membros do Padroado da mesma.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies