01

Feb

Presentación da Monografía 13 da “Revista Galega de Filoloxía”

19.30 h

Revista Galega FiloloxíaO mércores 1 de febreiro, ás 19.30 h, preséntase na nosa nova sede, na rúa Santo André, 36-1º, a Monografía 13 da Revista Galega de Filoloxía, dedicada a profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato.

A Monografía 13 da Revista Galega de Filoloxía recolle máis de unha vintena de traballos que desenvolven temas de gramática e sociolingüística centrados na Galiza e noutros países de expresión lusófona. A obra, concibida como unha homenaxe ao Prof. Xosé Ramón Freixeiro Mato, catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña, contén estudos elaborados para tal propósito nas universidades de Brasilia, Coimbra, A Coruña, Lisboa, Madeira, Minho, Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto-Douro, Vigo etc. O volume foi coordinado e editado polo profesor Xosé Manuel Sánchez Rei no marco do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) adscrito á UDC.

Estarán nesta mesa Xosé Manuel Sánchez Rei e Teresa López.

Se tes interese en asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies