22

Mar

Presentación de “Mulleres” de Mª Carmen Rey Núñez

20.00 h

Mulleres, de M Carmen ReyO venres 22 de marzo ás 20 h faremos a presentación de Mulleres, a segunda proposta narrativa da escritora María del Carmen Rey Núñez tras publicar a novela Escapados. Editada tamén en Toxosoutos, nesta nova novela, Rey Núñez presenta retratos de mulleres afoutas que non están dispostas a calar e que levantan a voz. Unha historia centrada nas vidas de varias mulleres e en como se fan coas rendas da súa existencia arrepoñéndose a todo ao que o mundo as condenou. Mulleres que levantan a cabeza, que saen adiante polos seus propios medios, mulleres que se enfrontan aos seus medos e que conquistan un futuro mellor.

Acompañaran á autora as escritoras Emma Pedreira e Laura Rey Pasandín.

–Vai a escola e aprende moito, non debes preocuparte pola nosa miseria. –Que é a miseria, avoa? –A miseria é ter que vivir coas farangullas que aos demais lles sobran, e estarlles agradecidos. Iso é a miseria meu neno.

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies