11

Mai

Presentación do volume 43-44 de “Murguía, Revista Galega de Historia”

19.30 h

Murguía, RGHO mércores 11 de maio, ás 19.30 h, presentaremos o volume 43-44 de Murguía, Revista Galega de Historia, coa presenza de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e Iria-Friné Rivera Vázquez.

Murguía, Revista Galega de Historia celebrará o vindeiro ano 2023 o seu vinte aniversario. Desde hai dúas décadas Murguía, RGH ten publicado arredor de cincocentos textos, entre artigos de investigación, transcrición e análise de textos históricos ou, entre outros, entrevistas. Murguía, RGH é unha referencia no campo historiográfico galego e ibérico, dando lugar a unha proxección internacional da historia de Galiza, a través do intercambio con numerosas revistas científicas do eido da investigación histórica doutros países.

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel é cofundador e director de Murguía, Revista Galega de Historia. Doutor en Historia pola Universitat de Barcelona e profesor da Universidade da Coruña. Especialista e historia política e autor de diversos libros, caso de Álvaro de las Casas. Biografía e Documentos (Galaxia, 2003), Alexandre Bóveda e os seus Documentos (Difusora de Ideas, 2010) ou Nacionalismo Galego aquén e alén mar (Laiovento, 2015).

Iria-Friné Rivera Vázquez é historiadora da Arte. Autora dos libros A orixinalidade radica na orixe e O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño. Unha biografía artística. É patroa da Fundación Luís Seoane. É autora do artigo “Díaz Baliño, Risco e Cabanillas. Do simbolismo ao poder do Ciclo do Graal”.

As persoas asistentes recibirán de agasallo un número anterior da revista.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies