31

Out

Proxección do documental “O primeiro día de outubro”

20.00 h

primeiro dia de outubroDesde a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e Mar de Lumes (Comité Galego de Solidariedade Internacionalista), organizamos un ciclo de proxeccións internacionalistas co que, durante os próximos meses, queremos achegarnos á realidade de diferentes pobos por medio de diversos audiovisuais que ofrecen perspectivas sobre algunhas das súas loitas presentes e pasadas.
Comezaremos o ciclo -que terá continuidade o último xoves de cada mes, até maio de 2020- falando de Cataluña, por medio do documental O primeiro día de outubro, que recolle os feitos desa importante xornada en diversos colexios electorais de Barcelona e a voz de algúns dos seus protagonistas, durante o referendo de autodeterminación de 2017, duramente reprimido polo goberno español.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies