O xoves 8 de xuño, ás 19.30 horas, Victorino Pérez Prieto falaranos de Prisciliano na literatura, na pintura, as artes gráficas e o cinema.
Prisciliano tivo un grande eco na literatura e as artes, sobre todo na Galiza. Neste palestra Victorino Pérez Prieto vai falar da presenza do noso grande persoeiro no teatro, a poesía e a novela; tamén na pintura, nas artes gráficas e no cinema, no que se frustraron os mellores proxectos.
Prisciliano na literatura.
No teatro: Armando Cotarelo, Daniel Cortezón, Millán Picouto, Roberto Vidal Bolaño, Xoán Carlos Mexuto
Na poesía: Manuel María, Xosé Luis Méndez Ferrin e Ricardo Carvalho Calero
No relato e na novela: Ramón Otero Pedrayo, Mª Xosé Queizán, João Aguiar, Ramón Chao Rego, Tracy Saunders, Susana Fortes, Alberto S. Santos, Aniceto Núñez, Rex Linus (Lino Braxe e Emilio Rey).
Prisciliano na pintura e nas artes gráficas, na cerámica e na escultura e no cinema.
Se queres asistir envíanos os teus datos a través deste formulario: