O luns 2 de decembro, ás 19.30, na sala de cinema do Fórum Metropolitano, proxéctase o filme Castelao. De chumbo a verba, en colaboración coa AV Oza Gaiteira-Os Castros. Está dirixido por Miguel López e producida por Breogán Films e Abella Creativa. Interveñen, entre outras, Miguel Pernas, Iago Novoa, Uxía Blanco, Yolanda Vázquez, Silvia Romaus e María do Ceo.
Castelao. De chumbo a verba está rodado en Pontevedra e acadou moito éxito de critica e público na súa proxeccións, ademais de ser finalista como mellor documental nos Premios Mestre Mateo, máximo galardón do cinema galego. A película inclúe personaxes tan ilustres como Alexandre Bóveda, Xosé Sesto, Valle Inclán, Manuel Quiroga, etc. O filme foi documentado nas escenas de Bóveda pola propia familia de Alexandre.