09

Mar

Proxección e coloquio: “Os fillos da vide”

19.30 h

Os fillos da videO mércores 9 de marzo, ás 19.30 h, no noso local proxectaremos o documental Os fillos da vide (2017), á que seguirá un coloquio a cargo de Ana Domínguez. A través deste documental a realizadora valdeorresa regresa ás súas raíces a través dos ciclos da vida e do viñedo

Os fillos da vide é unha viaxe que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións; os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e das tradicións en perigo de extinción, a través das paisaxes e de quen as habitan, debuxan esta mirada na que etnografía e emoción se funden nunha revelación das correntes pagás e míticas das bacanais que son as festas populares, explosións de fertilidade e de vida.

Ana Domínguez considérase creadora visual. Con formación e experiencia artística, especialmente en pintura, afrontou o salto ao cine como un proceso natural no que a cámara é unha extensión máis da expresión artística. Actualmente co-dirixe na Coruña o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, adicado ao cine de vangarda. Os Fillos da Vide é a súa primeira longametraxe, e recibiu entre outros os premios Mellor Película Galega no MICE de Compostela e foi seleccionada no Festival de Sevilla.

Con este documental, Valdeorras Infinda continúa co seu ciclo de divulgación da comarca e abre un mes adicado ao mundo do viño e da viticultura.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies