O martes 16 de maio é o Día Internacional da Luz. Para reflexionar sobre o grave problema da contaminación luminosa presentamos ese día, ás 19.30 h, subtitulado en galego, o documental Northern Nights, Starry Nights, impulsado polo fotógrafo nativo americano (membro da nación Anishinaabe) Travis Novitsky. Ademais de expoñer os diferentes impactos da contaminación luminosa, o filme pon en valor a diversidade cultural asociada á astronomía e pon o foco na importancia dese patrimonio histórico para as culturas orixinarias.
Esta actividade é realizada en colaboración coa Asociación Astronómica Ío que organiza o IV Encontro da Noite o sábado o 20 de maio, unha xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, preservación da escuridade natural nocturna e posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite, que contará este ano coa participación da cronobióloga María Ángeles Bonmatí, o pintor e ilustrador Xosé Cobas, pintor e ilustrador, a experta en literatura infantil e xuvenil María Xesús Fernández, o escritor portugués Rui Lage e o biólogo Juan José Negro.
Podes ver aquí os contidos desta xornada.
Se queres asistir á proxección do documental, o martes 16 de maio, envíanos os teus datos a través deste formulario: