O xoves 15 de decembro, ás 19 h, presentamos e falamos sobre o Punto Vermello, unha iniciativa creada polas mulleres participantes do Programa Círculo de Mulleres – Malaikas da Fundación JuanSoñador. Será presentado por Lucía Manzano Fernández e Ara Alejandro Ferreiro e contará coa participación das mulleres que fan parte deste programa.
Punto Vermello é un espazo seguro de encontro, información e reinvindicación sobre a saúde menstrual das mulleres. A través deste espazo creouse unha serie de cadros sobre arte menstrual abstracto e cuxo resultado é esta exposición, MenstruArt, sobre expresións artísticas e menstruación. A través dunha mesa coloquio coñeceremos o proceso creativo das mulleres participantes do programa.
O acto encádrase dentro do IV ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.
Se queres asistir, envianos os teus datos a través deste formulario: