Racismo e xenofobia na Coruña

Presentación do Informe Anual O venres, 10 de decembro, ás 19 horas, SOS RACISMO GALICIA presentará no noso local o seu Informe Anual, con especial indicación da desagregación dos datos recadados na cidade da Coruña. Trátase dun análise e revisión das vulneracións de dereitos recollidas e xestionadas dende a Oficina de Información e denuncias nun dos anos máis complicados que nos tocou vivir: ano 2020, no medio dunha pandemia mundial.