Estrea na Coruña de Reboiras. Acción e corazón, longametraxe escrita e dirixida por Alberte Mera e producida pola Fundación Terra e Tempo.
Días 9, 15, 16, 22 e 23 de setembro, nas salas de cinema do Fórum Metropolitano.
Sala 1: ás 19.00 horas.
Sala 2: ás 19.30 horas.
*Día 9: Estrea + coloquio co director.
A entrada é de balde pero é preciso reservar para poder acceder á sala. As reservas poden facerse a través da web do IMCE.
Podes consultar a web Reboiras.gal para coñecer todas as estreas.