11

Nov

Presentación de “Reboiras. O camiño da rebeldía”

19.30 h

ReboirasO xoves 11 de novembro, ás 19.30 horas, presentaremos o libro Reboiras. O camiño da rebeldía, publicado por Aira, é un achegamento histórico e xornalístico non só á figura do militante nacionalista Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista no 1975, senón ao contexto de xurdimento do movemento social galeguista de esquerdas.

Os seus autores son o xornalista Xosé Manuel Pereiro (Monforte, 1956), actualmente codirector de Luzes e cunha ampla traxectoria, tanto na TVE coma na creación de revistas e outros proxectos culturais, e o doutor en Filoloxía Xurxo Martínez González (Vigo, 1984), autor da biografía de Luís Soto, Fuco Gómez ou os irmáns Villar Ponte.

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies