O luns 28 de xaneiro ás 20 h, no noso local da rúa Olmos 16, organizamos un recital poético de Emma Pedreira arredor da exposición O FOTÓGRAFO, trece collages e oito poemas de Emma Pedreira, que conforman o material expositivo do álbume familiar cifrado no que se exhibe a parte máis cruenta e silenciada da nosa historia.
28
Xan
Recital poético de Emma Pedreira
20:00 h