16

Set

Congreso “Recoñecemento internacional de Galiza nación” – Vía Galega

09.45 h

O 16 de setembro, deste ano, cúmprense 90 anos da participación e admisión de Galiza no IX Congreso de Nacionalidades Europeas. Un fito transcendentexa que significou o recoñecemento da condición nacional de Galiza por parte dun órgano internacional desta relevancia.

Para conmemorar este feito importante da nosa historia, Vía Galega ten previsto, xunto con outras actividades e publicacións, realizar un congreso que, baixo o título Recoñecemento internacional de Galiza nación, se vai desenvolver, o 16 de setembro de 2023, no Museo do Pobo Galego en Compostela.

A asistencia será gratuíta, mais as prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse mediante o correo electrónico: coordenadora@viagalega.gal.

Congreso Vía Galega

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies