01

Dec

Reflexións sobre a violencia sexual

19.00 h

Reflexións sobre a violencia sexualO venres 1 de decembro, ás 19.00 h, Ana López-Suevos ofreceranos unha palestra baixo o título de Reflexións sobre a violencia sexual. Nela abordará, desde o punto de vista da xustiza, a Lei orgánica 10/2022 de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual. Reflexionará o redor de cuestións como a necesidade de modificación e o punitivismo, o papel da xustiza desde unha perspectiva feminista.

Ana López-Suevos Fraguela é maxistrada do xulgado de instrución nº 1 de Santiago de Compostela. Coordinou os traballos de elaboración do Protocolo de delitos sexuais do partido xudicial de Santiago, un documento para a sistematización dos procedementos de distintos operadores implicados na atención das vítimas de violencia sexual. O protocolo foi aprobado en decembro de 2021 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para o seu uso en todo o seu ámbito territorial.

En 2017 recibiu a Medalla de Ouro do Colexio de Avogados de Santiago polo recoñecemento á súa traxectoria profesional. Outorgóuselle tamén o premio da Fundación Lois Peña Novo (2003) e a distinción especial do Premio Manuel Beiras (2011) pola súa decidida aposta a prol da normalización da lingua galega no ámbito da xustiza.

O acto encádrase dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.

Se queres asistir, envianos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies