21

Abr

Presentación de “Relatan…Nós”

19.30 h

Relatan...NósO próximo día 21 de abril, sexta feira, ás 19.30 h, presentamos o libro Relatan … Nós.

O libro recolle os relatos publicados en Nós Diario durante o mes de xuño de 2022. En decembro do mesmo ano, dentro dos actos de conmemoración dos 10 anos de Sermos Galiza, eses relatos, sen as ilustracións que os acompañaron na edición do xornal, foron recollidos en libro.

Nesta presentación contaremos con tres dos autores que colaboran na publicación: Xosé Iglesias Lamela, Eli Ríos e Xurxo Souto.

Aquelas persoas que nos acompañedes levaredes de agasallo o especial que Sermos Galiza publicou sobre Rosalía.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies