
Abril 1932. Café Alfredo, O Barco. Banquete polo I aniversario da II República. Foto de Manuel Blanco Pascual
O 22 de setembro, ás 19.30 horas, Félix García Yáñez ofrécenos a palestra titulada República, guerra civil e represión en Valdeorras.
Félix García Yáñez é historiador, licenciado en Historia Contemporánea, doutorando pola Universidade Popeu i Fabra de Barcelona. Membro do Ateneo Republicano de Valdeorras. Autor, entre outros, do libro O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931- 1977). Félix é concelleiro no Barco pola Riada Cidadá desde o ano 2015.
En Valdeorras houbo unha considerable resistencia ao golpe fascista de 1936, pois na comarca existía unha forte implantación do sindicalismo agrario. A represión en Valdeorras foi moi dura: numerosos asasinatos e torturas, así como numerosos fuxidos ao monte o que deu lugar a un forte movemento guerrilleiro. A familia do noso conferenciante sufriu en carne propia a dor do terror fascista.
Esta actividade encádrase no proxecto Valdeorras Infinda.