25

Mai

RESIS, Festival de música contemporánea

20.00 h

Resis 2019A Asociación Cultural AÏS organiza RESIS, un festival anual de Música Contemporánea e artes relacionadas, que neste 2019 presenta a súa segunda edición.

Celebraráse en primavera durante as catro semanas do mes de maio. Un acontecemento motivado pola necesidade de crear na nosa cidade unha plataforma estable de estrea e difusión da música contemporánea que apoie e difunda o traballo de creación de compositores e intérpretes do noso tempo. Un punto de encontro próximo e aberto entre creadores e público, no que converxen a música e a creación de vangarda.

Neste 2019 destacamos o apoio á creación musical contemporánea con 4 estreas absolutas e 8 pezas musicais que serán estreadas por primeira vez en Galiza.

Programa:

Do 3 ao 30 de maio na Normal, ás 20 horas. Inauguración o venres 3, con convite (esgotados):
Video instalación de Begoña M. Santiago: Cosmos. Todo o que está ordenado (ata o 30, con entrada libre)

Sábado 4 de maio, na igrexa das Capuchinas, ás 20 horas, con entrada libre:
Intervención artística de César Viana & Luz Arcas: Ubume.

Venres, 10 de maio, na Normal, ás 20 horas, con entrada libre:
Intervención  artística de Romina Casile & Marco Maril: A pantasma dun xesto.

Sábado 11 de maio, na Domus, ás 20 horas, con inscrición previa:
Concerto de Gran Torso: Seis miradas da música contemporánea.

Sábado 18 de maio, na Fundación Luís Seoane,  ás 20 horas, con entrada libre:
Proxección de Manuel del Río: Correspondencias sonoras.

Sábado 18 de maio, na Fundación Luís Seoane, ás 20.30 horas, con entrada libre:
Concerto/Conferencia de David Durán: Traxedia da escoita.

Sábado 25 de maio, no Paraninfo da Universidade da Coruña, ás 20 horas, con entrada libre:
Concerto de Vertixe Sonora: Fluxo/Flujo/Flow.

Sábado 1 de xuño, no Museo de Belas Artes da Coruña, ás 19.30 horas, con entrada libre:
Concerto de Hachè Costa & Jacobo Gaspar: Música para unha época.

8 de marzo, 22 de abril e 31 de maio, no Conservatorio Superior de Música de Vigo:
Proxecto educativo: Espazos para a escoita. Encontros, master class, ensaios de portas abertas.

Agosto de 2019, en Durrés, Albania:
Concerto Cruces de camiños: Enoloxía, música e arte.

Podedes atopar toda a información detallada do Festival e o programa na súa web.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies