17

Mar

Inauguración da exposición “Retallos de Papel”

19.00 h

Retallos de papelO venres 17 de marzo, ás 19 h, inauguramos no noso local a exposición de colaxes feitas a man Retallos de Papel de Mariaxe Colaxe

O seudónimo Mariaxe Colaxe esconde á actriz galega Chus Álvarez e a súa faceta como colaxista. Comezou en 2021 a mostrar as súas obras en Instagram, e a arte plástica converteuse en moito máis que un divertimento para ela. Chus, á parte de actriz, é narradora oral e escritora, e asume a colaxe como outra fermosa forma de contar historias. Vén de facer as portadas dos últimos sinxelos de Xosé Lois Romero e Aliboria e de ilustrar o conto O universo de dona Pega, de Estíbaliz Espinosa. Esta é a súa primeira exposición individual, tras participar en exposicións colectivas en Córdoba, España, e Bos Aires, Arxentina.

Contaremos tamén coa música de Ángeles Dorrio.

Se tes interese en asistir a esta inauguración, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies