11

Mai

Inauguración da exposición fotográfica “Retrincos de Luísa Villalta”

19.00 h

Retrincos de Luísa VillaltaO sábado 11 de maio, ás 19 h, inauguramos no noso local a exposición fotográfica Retrincos de Luísa Villalta, do colectivo Ollo de Vidro.

Ollo de Vidro, colectivo de fotografía integrado na Agrupación cultural Alexandre Bóveda quere homenaxear á escritora Luísa Villalta, presentando unha serie de imaxes inspiradas na lectura dos seus versos, pertencentes ao poemarío En Concreto.

Expoñen as súas obras nesta exposición Calros Silvar, Manolo Graña, Raúl Castro, Eduardo Castro Bal, Ernesto Gómez, Lestonnac Ibáñez, Natalia San Vicente Pellicer e M. d’Outeiro.

Para nós foi unha veciña e socia de honra da nosa Agrupación, que soubo interpretar, en chaves poéticas, a nosa realidade cotiá e social urbana, poñendo de manifesto as súas contradicións.

“Nada deixa o vento e nembargantes amo
este Cidade tatuada na pétrea pel do mar
asulagada na sombra baixo a ardora de alfinetes intrigantes
regresada en corpo múltiplo e inerte arrastado pola rede anoitecida
a afogada das idades simultáneas
a tremulante nas incógnitas da auga
entretida entre os palitroques dos barcos
que chocallan sen nada novo que dicerse
E son eu amando algo de min depositado
na Cidade tatuada
—eu que non podo volver—
mentres o vento vén moi frío sobre o norte corazón tan cálido”.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies