O mércores 21 de xuño, ás 19.30 h, falaremos da Revista Atlántida, Lugrís e Tudela, con Olivia Rodríguez.
Esta revista colectiva e interartística, galega e universal, recolle o clima ambiguo, pero de fonda resistencia, dunha época escura. Urbano Lugrís dirixe o contido artístico e Mariano Tudela, o literario. Falarase de por que, como e en que circunstancias naceu este tándem.
Olivia Rodríguez González é titular de Teoría literaria e comparatismo na UDC. Investigou e editou documentos arredor de Atlántida desde a década dos 90 ata a actualidade. Xunto a Ana Acuña traballa agora nun libro sobre o movemento cultural lugrisián.
Esta actividade enmárcase no ciclo sobre o pintor Urbano Lugrís que titulamos Lugrís 50 anos despois, e que rematará o mércores 28 de xuño co roteiro polos espazos lugrisianos con Xurxo Souto e Rodrigo Osorio.
Se queres asistir a esta palestra sobre a revista Atlántida, envíanos os teus datos a través deste formulario: