13

Mai

Presentación da revista de estudos rosalianos Follas Novas

19.30 h

Follas NovasO luns, 13 de maio, ás 19.30 h, acollemos a presentación da Fundación Rosalía de Castro do número 8 da revista de estudos rosalianos Follas Novas.

Neste número de Follas Novas a temática vai desde a proxección mediática de Murguía en Galiza e na emigración, a presenza rosaliana nos proxectos Wikimedia, a pegada rosaliana en Italia, a loucura e o xénero en dúas novelas de Rosalía, e as autotraducións das obras rosalianas entre outros temas.

Inclúense artigos e investigacións de diversos expertos na vida e obra de Rosalía e de Murguía, como Uxío Breogán Diéguez (UDC), Adrián Estévez (RAG), Aurora López e Andrés Pociña (Universidade de Granada), Mariña Paradelo, Diego Rodríguez, Xosé Luís Axeitos, Pilar G. Negro e Simón Vicente, Diego Rivadulla, Ana Acuña e Margarita Viso.

Contaremos co presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; co director da revista, Xosé Luís Axeitos e Pilar García Negro e Lydia Fontoira, membros do consello de redacción da revista.

As persoas que nos acompañen levarán de agasallo un exemplar da revista.

Se queres asistir a esta presentacion, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies