05

Xuñ

A Revolución Dixital: Big Data, Intelixencia Artificial e outros terremotos

19.30 h

Neves BrisaboaO luns 5 de xuño, ás 19.30 h, teremos connosco a Neves Brisaboa para falarnos da Revolución Dixital: Big Data, Intelixencia Artificial e outros terremotos.

Os cambios producidos pola dixitalización na nosa sociedade son ben patentes mais pouco se ten reflexionado sobre ate onde nos van levar e, en xeral, a cidadanía é pouco consciente dos profundos cambios que aínda están por vir e do impacto que eses cambios van ter no emprego, a economía, ou mesmo nos dereitos cidadáns.

Nesta charla preténdese reflexionar sobre os efectos que algunhas tecnoloxías, que xa están entre nós, poden chegar a ter e sobre como poden impactarnos. Reflexionaremos tamén sobre os retos, riscos e oportunidades que se nos abren nesta sociedade dixital.

Esta actividade forma parte do ciclo Pensando o Futuro.

Neves Brisaboa é catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade da Coruña e foi galardoada co Premio Nacional de Informática en 2019.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies