18

Feb

Riace, unha vila que acolle: unha historia de resistencia fronte ás leis anti-migración

19.00 h

Riace, unha vila que acolleO venres 18 de febreiro, ás 19 horas, Gianmichele Bosco falaranos de Riace, unha vila que acolle: unha historia de resistencia fronte ás leis anti-migración.

Gianmichele Bosco é militante dos movementos sociais calabreses, avogado e ten desempeñado como concelleiro en Catanzaro. En 2021 participou como avogado defensor no xuízo contra Mimmo Lucano, alcalde de Riace, e outras 26 solidarias que entre 2004 e 2018 organizaran un sistema de acollida ás persoas refuxiadas, que pretendía ofrecer teito, formación e traballo á poboación migrante, o que ademais servía para reverter a crise demográfica que padecía a localidade calabresa. O alcalde Lucano foi condenado a 13 anos de prisión por ter incumprido a lexislación migratoria italiana. Gianmichele Bosco compartirá co público asistente a historia de resistencia do pobo de Riace e a conseguinte represión por parte do Estado italiano.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies