16

Dec

Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación. María Pilar García Negro

20.00 h

Carvalho Calero - Pilar García NegroO luns 16 de decembro ás 20 h, María Pilar García Negro presenta a súa última obra Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación. A autora estará acompañada por Xosé Luís Axeitos e Manuel Castelao Mexuto.

Agrándase, co paso do tempo, a personalidade e a obra de toda unha vida de Ricardo Carvalho Calero (1910-1990). Foi a súa unha actividade incesante na investigación literaria, nos estudos gramaticais e lingüísticos, na crítica, no traballo de campo e na análise literaria e historiográfica, para alén de non abandonar nunca o cultivo da convencionalmente chamada literatura de creación, que serviu igualmente en todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies