15

Abr

Viaxe ao románico do cerne de Galiza

09.30 h

Románico do cerne de GalizaO sábado 15 de abril visitaremos o románico do interior de Galiza guiados por Carmela Galego. Sairemos da Coruña ás 9.30 h e viaxaremos a San Antolín de Toques e Xulián de Ventosa pola mañá. Xantaremos en A Reloxería en Palas de Rei. Pola tarde estaremos en Vilar de Donas e o castelo de Narla. A chegada A Coruña será aproximadamente de 19:30 a 20h.

Visitaremos o lugar onde “comeza o románico” galego, San Antolín de Toques. Veremos tamén un exemplar de tímpano historiado que forma parte dun conxunto temático moi vencellado á cuestión territorial. Na Golada pararemos a deleitar os sentidos: os pendellos e un deses tesouros agochados no noso rural, San Xulián de Ventosa. En Vilar de Dona, un lugar fundamental na nosa arte medieval, veremos a zona de acollida coa súa porta abucinada, e as súas pinturas murais que exceden o marco cronolóxico da idade media. Remataremos a nosa andaina visitando unha arquitectura civil, o castelo de San Paio de Narla.

O prezo deste roteiro é de 35 € e inclúe a viaxe e o xantar.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies