O luns 10 de abril, ás 19.30 h, teremos connosco a Pedro Siaba para facernos unha aproximación ao románico na Costa da Morte.
Pedro Siaba dedica unha notábel parte do seu tempo libre a procurar información sobre a historia e a cultura da Costa da Morte, nomeadamente no tocante á época medieval. Na súa palestra dará conta das principais igrexas románicas da máis occidental das rexións galegas, unha zona que conserva importantes exemplos dese estilo arquitectónico e artístico.
Esta actividade encádrase no ciclo O Románico: Galiza na vangarda.