30

Mar

Presentación de “Rompendo Regras LAB”

19.30 h

Rompendo Regras LABO mércores, día 30 de marzo, ás 19.30 h, no noso local terá lugar a presentación de Rompendo Regras LAB. Un experimento socioeducativo para promover a menstruación digna e ecosaudable. A palestra estará coordinada por Mar Rodríguez Romero, profesora da UDC, representante da Oficina de Igualdade de Xénero da UDC (OIX) e coordinadora do Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da Educación.

E ás 20:45 h, no Obelisco, performance colaborativa “Útero contaminado” coordinada por Coral de la Rosa, estudante da UDC e artista multidisciplinar, co apoio de Retoque Retro.

Polo simple feito de menstruar, as mulleres somos penalizadas e sofrimos penalidades innecesarias. Desde nenas, ensínannos a esconder a menstruación, medicalizala, asumir todos os seus custos económicos, sociais, profesionais, e usar produtos menstruais perigosos para a nosa saúde e para o planeta. Rompendo Regras LAB busca visibilizarmos as súas múltiples vertentes: desde a investigación, a formación, a educación, a vida institucional e a cotidianiedade. Inspirado nos LABs Bibliotecarios de Matadero Medialab, configúrase como un laboratorio de innovación pública que explora outras maneiras de exercer a cidadanía na Universidade interrelacionando diversidade de actores e organizacións co reto común de avanzar cara á soberanía menstrual: alumnado, profesorado e bibliotecarias das Facultades de Ciencias da Educación, Fisioterapia, Socioloxía, Ciencias Económicas, Ciencias do Deporte, a Oficina de Igualdade de Xénero (OIX), a Oficina de Medio Ambiente (OMA) e a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) e. Colaboran a Biblioteca Municipal Durán Loriga, a ONGD Solidaridade Internacional de Galicia, o grupo de ecoartistas Retoque Retro. E como mentoras, conta co Emma Pedreira, escritora, e Charo Lopez, fotógrafa. Mesturando experiencias e saberes transdisciplinais, imos presentar proxectos singulais que buscan menstrualizar a Universidade, e as prácticas cidadás, reverter o ciclo perverso de envelenamento dos nosos corpos e do planeta que producen os produtos menstruais dun só uso, desvelar os cartos da menstruación, ensaiar metodoloxías específicas, desenvolver procesos artísticos en vermello, visibilizar experiencias de mulleres con perspectiva xeopolítica. En resumo, ofrecen unha ollada caleidoscópica para dignificar unha condición biolóxica escondida e pór o coidado de nós e do noso planeta no punto de mira.

Esta palestra forma parte do ciclo Mulleres e realidades comúns que coordina Cristina Bajo.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies