06

Nov

Roteiro: Rosalía de Castro na Coruña nun tempo decisivo

12.00 h

Xardín de San CarlosPara festexar os 150 anos de Rosalía na Coruña imos realizar catro roteiros. O primeiro deles será o sábado, día 6 de novembro, ás 12 h: Rosalía de Castro na Coruña nun tempo decisivo, con Pilar García Negro.

A estadía de Rosalía de Castro na Coruña (1871-1874) coincide cun tempo histórico decisivo e ten a ver coa creación da súa magna obra, Follas novas, anunciada xa en 1872 mais que demora oito anos en ver a luz. Subliñaremos aspectos fundamentais desta obra que teñen a ver coa nosa cidade e coa situación xeral da Galiza.

Duración do roteiro: 1 hora e 15 minutos.

Punto de encontro: Xardín de San Carlos ás 12 h.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies