O luns 13 de febreiro, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos da presenza de Rosalía de Castro no cinema e a televisión do século XX.
Como acontece con moitas outras figuras capitais da creación, a ciencia e o pensamento, a presenza de Rosalía de Castro no cinema e na televisión non foi tan grande como sería de desexar, en particular no século XX. A que hai, porén, ten un inmenso interese, ben pola importancia dos títulos en cuestión –incluído o único español na máis recente listaxe dos cen mellores filmes que elabora cada dez anos a revista Sight and Sound–, ben porque axuda a entender o grao de coñecemento (e de descoñemento) da obra, a vida e o mito rosaliano ao longo do tempo. Nesta charla revisaremos algúns exemplos destacados da pegada que o universo de Rosalía deixou nas pantallas.
Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.
Se queres asistir, reserva a túa praza a través deste formulario: