24

Feb

Roteiro de Medios de Comunicación en galego

12.00 h

Roteiro AMEGAA Asociación de Medios en Galego (AMEGA) realiza, o sábado 24 de febreiro ás 12 h, un roteiro xornalístico pola Coruña, para celebrar o Día dos Medios en Galego 2024.

A nosa cidade tivo de xeito histórico unha importancia capital na prensa en galego. Aquí naceu O vello do Pico-Sagro, unha das primeiras publicacións periódicas escrita integramente en galego que saíu do prelo o 3 de marzo de 1860, e tamén A Coruña veu nacer A Nosa Terra, unha das cabeceiras históricas da prensa en lingua galega.  

Neste roteiro, organizado por Xornal da Coruña, e no que a AC Alexandre Bóveda colabora, visitaremos lugares emblemáticos relacionados coa historia e a actualidade da prensa en galego.

Dirixe o roteiro Xurxo Souto, e falarán Ubaldo Cerqueiro (Xornal da Coruña), Xosé Manuel Pereiro (Luzes), Xoán Costa (Nós Diario), María Xosé Bravo e Carmela Galego (AC. Alexandre Bóveda) e Tomás Legido (CUAC FM), ademais dalgunha que outra sorpresa.

A saída é ás 12 h do Campo de Marte. A duración do roteiro estímase en unha hora e media. Non é necesario inscribirse.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies