O sábado 9 de setembro, ás 12 h, faremos un roteiro literario polo cemiterio de Santo Amaro, guiado por José María Monterroso Devesa.
Con el pasearemos este cemiterio de galegos/as ilustres parando en vinte tumbas que acollen a persoeiros aquí enterrados relacionados coa escrita e a literatura: Jenaro Marinhas del Valle, Irmans Vilar Ponte, Luz Pozo Garza, Luísa Villalta, Eladio Rodríguez, Ánxel Casal, Wenceslao Fernández Flórez, Pérez Lugín, Francisca Herrera, Eduardo Pondal, Martelo Paumán, Xohán Casal, Curros Enriquez, Os Carré, Luís Seoane, Lugrís Freire, Irmáns De la Iglesia, Pérez Ballesteros e Manuel Murguía.
Monterroso Devesa, é poeta, articulista e ensaísta, autor entre outros libros de O cemiterio de Santo Amaro, (1992) editado pola Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña.