20

Mai

Roteiro “A literatura nos xardíns”

12.00 h

O sábado, día 20 de maio, ás 12 h, imos pasear A Coruña Literaria no corazón da cidade.

Sairemos desde a parte traseira do Teatro Rosalía, na Mariña. Daranos a benvida a gaita de Raul Galego e contaremos coa colaboración de Donaire.

E logo percorreremos os xardíns de Méndez Núñez para, a través da escultura, festexar a literatura. Nove son as escultoras que nos xardíns honran a escritoras e escritores:

  1. Curros  (coa voz de Estíbaliz Espinosa acompañada de Juanma Varela)
  2. Valle Inclán (fala a escritora Beatriz Maceda)
  3. Wenceslao Fernández Flórez (fala Alicia Longueira Moris da Fundación Wenceslao Fernández Flórez,)
  4. Emilia Pardo Bazán (fala Xulia Santiso, directora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán)
  5. Concepción Arenal (fala a ensaísta África López Souto)
  6. Daniel Rodríguez Castelao (fala o ensaísta Manuel Rei Romeu e a voz de Estíbaliz Espinosa e Juanma Varela)
  7. Manuel Murguía (fala o escritor e ensaísta Henrique Rabuñal)
  8. Juan Fernández Latorre (fala o escritor e ensaísta Henrique Rabuñal)
  9. Eduardo Pondal (fala o profesor da UDC Manuel Ferreiro)

Guían o roteiro Carmela Galego e María Xosé Bravo.

A duración aproximada é de hora e media.

Esta actividade forma parte do proxectoA Coruña Literaria, e é un dos roteiros que existe na web.

Non é necesario inscribirse.

Roteiro maio 2023

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies