09

Mar

Roteiro “Mulleres Sen Cancelas”

12.00 h

Sempre houbo mulleres insignes en Galicia. En todos os tempos, en todos os campos, baixo todas as luces. […]
Cada unha brilla con luz propia e deixa tras de si luminoso ronsel… Tentemos seguir a pegada dalgunhas.

 

Mari Luz Morales

O sábado 9 de marzo, ás 12.00 h organizamos o Roteiro MULLERES SEN CANCELAS, unha ollada sobre mulleres singulares que navegaron contra corrente.

Desde o Obelisco á praza de María Pita faremos un roteiro pola memoria feminina nas rúas da Coruña e pasearemos polos espazos de MULLERES SEN CANCELAS, mulleres que abriron camiños para as que viñan detrás.

Quixemos desde a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda darlles voz e amosar unha ducia de historias, e facémolo coa forza poderosa da sororidade entre mulleres. É por iso que escollemos mulleres singulares do presente para lembrar as pegadas do pasado.

Homenaxearemos a Mari Luz Morales, Juana de Vega, Concepción Arenal, María Miramontes, Syra Alonso, Rosalía de Castro, María Casares, Micaela Chao, María Corredoira, Lolita Díaz Baliño, Emilia Pardo Bazán e Amparo López Jeán da man de Margarita Ledo, Carme Adán, Melania Freire, Carme Vidal, Najla Shami, Mabel Rivera, Susana Seivane, Soledad Penalta, Luz Pozo Garza e as Pandeireteiras das Encrobas.

 

Convite Mulleres Sen Cancelas

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies