30

Set

Roteiro ornitolóxico

11.30 h

Muíño de Santa MargaridaO sábado 30 de setembro, ás 11.30 h, faremos un roteiro ornitolóxico guiados por Cosme Damián Romay, biólogo e membro do Grupo Naturalista Hábitat.

Aproximarémonos á diversidade de especies de aves que existen nos parques urbanos da Coruña, nun momento especialmente interesante por atoparnos en plena migración outonal de moitas especies. Iremos desde o parque de Santa Margarida ata os xardín de Méndez Núñez observando e escoitando os nosos veciños alados.

A duración estimada é de dúas horas e sairemos do muíño de vento de Santa Margarida e chegaremos ao Obelisco.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies